Ilustrador/a
Kiko Da Silva
Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado.
Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019).
En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019).
Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor.
Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.