Ilustrador/a
Andrés Meixide
Andrés Meixide (Vigo, 1970). Deseñador e ilustrador. A súa obra como ilustrador está publicada en diversas editoriais. Foi premiado no ano 2006 co The White Ravens. En Xerais ten editados os seguintes títulos: «O patadón», «Cando os animais falaban», «Xan e Pericán», «O tesouro da lagoa de Reid'Is», «Tarzán de goma», «A señorita Bubble», «A señorita Bubble. Aventura baixo cero», «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» e «Xelís, o guieiro das botellas de mar». É coautor, xunto con Pere Tobaruela, da serie «Formig4s» dirixida ao público infantil, que xa conta con sete títulos publicados.