Ilustrador/a
Ramón Trigo
Ramón Trigo (Vigo, 1965). Formación artística autodidacta. Dedícase á pintura, á escultura e á ilustración. Recibiu distintos premios: o Isaac Díaz Pardo, ao mellor libro ilustrado de 2014 por "Leviatán"; o Premio Nacional Lazarillo, 2012, polo mesmo libro; o Premio Cidade de Alacante de álbum ilustrado, por "Casa vacía", e o Premio Cabildo Gran Canaria de álbum ilustrado, por "Yo vivía en el fin del mundo". Algúns dos libros que ten ilustrado en Xerais son "Santos e defuntos", de Gonzalo Navaza; "Aníbal quere encoller", de Oli, "O pintor do sombreiro de malvas" e "Palabras de auga", de Marcos Calveiro. Ten publicados máis de trinta libros e mantén a súa páxina web: www.ramontrigo.com