Autor/a
Rafael Fernández Lorenzo
Rafael Fernández Lorenzo. Nado en Cangas do Morrazo en 1962, é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. Como autor literario, publicou os seguintes libros: «Son media ducia e parecen cen» (1991), «O ladrón de voces» (1998), «As flores do meu amigo» (Xerais, 2000) e «Cocotibur» (Xerais, 2021). En 2023 gaña o Premio Raíña Lupa coa novela «As pedras verdes» (Xerais, 2024). É autor doutras obras como «Abecedario de Ricardo Carvalho Calero» (2019) e «Abecedario de Bernardino Graña» (2020), e coautor de «Conversas con Bernardino Graña» (Xerais, 2005). A súa obra está traducida a varios idiomas, como o éuscaro, portugués, catalán e castelán.