Autor/a
Kressman Taylor
Kathrine Kressmann Taylor (Portland, Oregón, 1903 - Condado de Hennepin, Minnesota, 1996) estudou na Universidade de Oregón e traballou en publicidade. A finais dos anos corenta comezou a dar clases de Xornalismo e Escritura Creativa no Gettysburg College, ata que se xubilou en 1966 e se mudou a Florencia. É coñecida en todo o mundo por "Enderezo descoñecido", publicada en 1938 en Nova York co pseudónimo de Kressmann Taylor. O libro axiña saltou ao panorama internacional, foi traducido a numerosos idiomas, pero pola súa temática foi prohibido en Alemaña. Foi levado ao cine en 1994 e reeditado en 1995 con ocasión do cincuenta aniversario da liberación dos campos de exterminio, converténdose nun éxito de vendas. Entre as súas obras destaca tamén "Día sen retorno".