Autor/a
David Pérez Iglesias
David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou: «O pergameo de Elir» (1987); «Estación Término» (Xerais, 1993), Premio de relato Cidade de Lugo; «Cando veña a noite» (2005), premio Antón Avilés de Taramancos, e «Todo o tempo do mundo» (Xerais, 2016), Premio Merlín de Literatura Infantil. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de «Tecendo Panos» (2000), Premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de «Paisaxes e palabras» (2001) e «Vidros» d' «A garza insomne» (2016). É responsable da canle de vídeo SonCine, traballo de innovación didáctica polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG.