Autor/a
Lourenzo Fernández Prieto
Lourenzo Fernández Prieto, A Devesa-Ribadeo, 1961. Licenciouse en Xeografía e Historia (Compostela, 1984), e baixo a dirección de R. Villares especializouse en cuestións agrarias durante a elaboración da súa tese de doutoramento, Renovación tecnolóxica da agricultura galega, presentada en 1990 e na que se basa ``Labregos con ciencia´´ (Xerais, 1992).
Ten publicado, entre outros, traballos sobre Rof Codina (1985), ``A Granxa Agrícola da Coruña, 1888-1928´´ (1988), ``Agricultura e capitalismo en Galicia´´, traballo colectivo en Ed. Crítica (1991); tamén colaborou no libro colectivo ``Donos de seu. Estudios de Historia Agraria de Galicia´´.
Na actualidade é profesor de Historia Contemporánea e mais secretario do IDEGA na Universidade de Santiago de Compostela.