Autor/a
Eduardo Rolland
Eduardo Rolland Etchevers naceu en Vigo en 1969. Estudou Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Faro de Vigo e na actualidade exerce o xornalismo en La Voz de Galicia e A Nosa Terra, onde publica reportaxes e artigos de opinión. É colaborador habitual de revistas como National Geographic ou Integral. Foi Premio de Xornalismo Johan Carballeira 2003, Premio de Xornalismo Científico Xunta de Galicia, en 2004, e Premio Nacional de Xornalismo "Francisco Fernández del Riego", en 2006. Participou con obra literaria no libro colectivo Phiccións (Xerais, 2000), é autor de Galicia en Guerra (Xerais, 2006) e Reconquista. Vigo en armas (Xerais, 2009), ademais de Galicia, Rutas con Historia e La batalla de Rande, ambas con Prensa Ibérica. No audiovisual, dirixiu a serie Do Miño ao Ulla (Faro, 2001) e a longametraxe documental A Arañeira (TVG, 2008).