Autor/a
Paco Martín
Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado "Das cousas de Ramón Lamote" (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: "Servando I, rei do mundo enteiro" (1990), "Un robot pequeno" (1991), "A rula, o peluche e a nena" (2015) e "De paraugas" (2016).