Autor/a
Xesús Fraga
Xesús Fraga (Xesús Antón Fraga Sánchez) (Londres, 1971), licenciado en Xornalismo, iniciou estudios de Filoloxía Inglesa en Salamanca. Nacido no barrio de South Kensington, onde pasou a súa primeira infancia, a súa familia trasladouse ao barrio coruñés de Monte Alto e, posteriormente, a Betanzos, de onde é orixinaria. Actualmente traballa como redactor na sección de Cultura do periódico "La Voz de Galicia". Como narrador publicou os libros de relatos "Tute para catro" (Xerais 2000) e "A-Z" (Xerais 2003), ademais da novela "Solimán" (Xerais 2004), pola que obtivo o premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003.