Autor/a
Gonzalo Navaza
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de «Longa noite de pedra», de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: «Fábrica íntima» (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; «A torre da derrota» (Xerais 1992); e «Libra» (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de «O can dos Baskerville» de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou «Erros e Tánatos» (Xerais 1996), «Elucidario» (Xerais 1999) e «Santos e defuntos» (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou «Fábulas contadas» (Xerais 2020).