Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 8

A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano

Paula Rivas Ramírez

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura...

Pequena mitoloxía de Galicia

Antonio Reigosa

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba...

O moucho voa

Miguel Vázquez Freire

"O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filosofía política...

Xestas olímpicas

Héctor Cajaraville

Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles...

A vida na Grecia clásica

Alfonso Blanco

A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos...

Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

Manuel Veiga Taboada

Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións...

Bárbaras!

María Reimóndez

Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia...

A vida diaria dos romanos

Pepe Carballude

A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos...

Autor/a da semana