Autor/a
X. Antón Dobao
Antón Dobao (Lugo, 1963), licenciado en Filoloxía Galega, e asesor lingüista da TVG, medio para o que tamén exerce como Director e Guionista de ficción audiovisual. É membro do comité de redacción das revistas «A Trabe de Ouro» e «Cadernos da Lingua», e forma parte do colectivo Redes Escarlata. Traduciu ao galego obras de George Orwell, Antoni Mari, J.D. Salinger, Carles Bellsoà e Paul Auster. Como poeta publicou Desde o teito da noite (Xerais 1987), Caderno dos dereitos e das horas (accésit do Premio Miguel González Garcés, 1994), O tempo entre murallas (Xerais 1997), Contraantoloxía de textos exiliados (2002), Materia (Xerais 2005) e Onde o ollar comeza a doer (2007). Publicou os libros de relatos «Incertos» (Xerais, 2008) e «O tigre na boca do lagarto» (Xerais, 2024). Como director cinematográfico dirixiu Os outros feirantes (1998), Un mundo de historias (2000), A biblioteca da iguana (2005), Pataghorobí (2005), O Bosque de Levas (2006) e A Mariñeira (2007).