Autor/a
Tomás Guerrero
Tomás Guerrero (Valencia, 1972) é director de arte, ilustrador e «character animator». Realizou animación e ilustración para películas, series, documentais, videoxogos e investigación universitaria. Deu relatorios e expuxo a súa obra en universidades, museos e bibliotecas de España, Portugal e Italia. Publicou as novelas gráficas «A deserción de Stalin» (2015), «Tanta paz leves...» (2019), «O neto do homem mais sábio» (2020), «Arrepío» (2022), «O misterio das pintadas invisibles» (2022), «Viagem à Guarda» (2023) e Furusato, con José Rui Teixeira (2023). «Os Suicidantes» é a súa primeira obra en Xerais.