Número de libros encontrados: 76
Curriño. Salchichas picantes
A vida no parque é xenial... ata que alguén decide deixar trampas para cans. Gordon come unha salchicha envelenada e Curriño e a súa cuadrilla póñense a investigar para descubrir quen está detrás do terrible acto, mentres adoptan un gato que quere ser can...
Heartstopper 5
O Nick e o Charlie están namorados. Por fin dixeron esa pequena palabra: «quérote», e o Charlie xa case convenceu a súa nai para que o deixe durmir na casa do Nick...
A historia de Brava Panadeira
Brava, unha simpática cadela do refuxio, só ten dous defectos coñecidos: roubar todo o pan que ulisca preto dela e saír lixeira tras as furgonetas que o reparten...
Heartstopper 4
O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie comeza a sentirse preparado para dicirlle esa palabra: quérote...
Curriño. Fama ou fuga
Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso...
Dona Problemas, rescatadora de mascotas
Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas...
Heartstopper 3
O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai...
Escola de bruxas
Mencía comeza un novo curso na escola para perfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxos e nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos...
Heartstopper 2
O Nick e o Charlie son mellores amigos. O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia...
Heartstopper. Rapaz coñece rapaz
O Charlie e o Nick están no mesmo instituto, mais nunca se coñeceron... ata o día en que teñen que sentar xuntos. Axiña se fan amigos, e o Charlie comeza a namorar do Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade...
Curriño. O can influencer
Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes...
Curriño. Benvido ao equipo
Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo...
Dona Problemas. Salvadora da escola
Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes...
O tren fantasma
A Alan non lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans...