Economista e xurista, foi vicepresidente da Xunta de Galicia baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor e ocupou diversos postos de responsabilidade política en relación coa súa sólida formación económica.
Analista e escritor, comprometido con Galicia, Carlos Mella publicou en 1990 en Xerais o libro Non somos inocentes, na colección Crónica, unha ollada retranqueira sobre a política dos primeiros anos do goberno autonómico galego. En 1992 publicouna mesma colección A Galicia posible, unha reflexión sobre o país precedida dun limiar de Xosé Manuel Beiras.
En 1993, Xerais acolleu a súa primeira novela, titulada Bieito Bieito, unha obra realista de ton intimista que combina a análise social co retrato dos personaxes ambientadas no rural galego.
Tamén participou en diversos libros colectivos publicados por Xerais como Narradio ou Unha liña no ceo. En total, publicou arredor de 10 títulos.
Pódese ampliar a información nesta reportaxe de Praza Pública.
share