Relatos que desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián, que amosan como o día a día pode verse alterado por un detalle insignificante, que exploran a inquedanza, a ansiedade que se vai instalando pouco a pouco... O improbable e o inexplicable afloran en calquera momento para abrir unha porta aos medos que nos espreitan cando quedamos a soas.
Partilla este libro
Sinopse
Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro.
Os relatos de «Tiña eu razón» desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián, amosan como o día a día pode verse alterado por un detalle insignificante, exploran a inquedanza, a ansiedade que se vai instalando pouco a pouco, ou o que non se di pero todo o mundo sabe.
Victoria Pinal sitúanos como lectores fronte ao improbable e o inexplicable, que poden aflorar en calquera momento para invadirnos, esvaecendo os límites da realidade e abrindo unha porta aos medos que nos espreitan cando quedamos a soas.
Colección
Narrativa
Código
1331564
I.S.B.N.
978-84-1110-807-2
Publicación
30/04/2026
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
208
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa--NARRATIVA
Código
1378447
I.S.B.N.
978-84-1110-809-6
Publicación
30/04/2026
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Victoria Pinal
Victoria Pinal (Pontevedra, 1985) é licenciada en Xornalismo e mestra de Educación Primaria. Cursou un mestrado en Sociedades Históricas e Formas Políticas en Europa na Universitat Rovira i Virgili. Tamén traballou como redactora e maquetadora en varios xornais. Actualmente dedícase á docencia na escola pública.
É autora de dous libros infantís: «As formiguiñas filandeiras» (2021) e «Un segredo entre as nubes» (2023). Participa nos clubs de escritura organizados por Xosé Monteagudo, onde xurdiron os relatos que se reúnen neste volume. «Tiña eu razón» (Xerais, 2026) é o seu primeiro libro para público adulto.