Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario... Na procura dun milagre que lles axude a salvar o seu amigo, Mónica e don Xurxo deberán desvelar as claves agochadas na milenaria igrexa de San Pedro. Daquela descubrirán que, para cumprir os designios da profecía, os cabaleiros da Orde de Dragal xa iniciaron o seu regreso.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365134
I.S.B.N.
978-84-9914-221-0
Publicación
28/03/2011
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
360
Tamaño
21.5 x 12.5 cm
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1377124
I.S.B.N.
978-84-9914-658-4
Publicación
07/03/2014
Clasificación IBIC
YFH
Formato
ePub