Timbrol e a pega (e os demais)
Nove relatos entrelazados nos cales se conta, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo.
Nove relatos entrelazados nos cales se conta, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo.
Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quería roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca veñen soas e na Aldea do Pé da Montaña ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demais. E ela, como non, tamén ten a súa propia versión da historia. En nove relatos entrelazados, cóntanse, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo. Un libro sobre a identidade cheo de fantasía e tenrura, que pescuda se realmente as nosas historias son tan nosas como nos gusta crer.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343389
I.S.B.N.
978-84-1110-802-7
Publicación
16/04/2026
Clasificación IBIC
YFB
Formato
Papel
Páxinas
80
Tamaño
19 x 13.5 cm
Colección
De 11 anos en diante
Código
1377762
I.S.B.N.
978-84-1110-813-3
Publicación
16/04/2026
Clasificación IBIC
YFB
Formato
ePub