Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia. A obra parte dunha anécdota internacional para reivindicar o valor universal da música tradicional do noso país. A través de relatos biográficos, acompañados da forza icónica das ilustracións, Cuesta explora a música tradicional galega dende a transmisión oral e a vida rural ata a chegada das gravacións e a modernidade, reflexionando sobre o equilibrio entre tradición e innovación. Con vocación divulgativa e coa intención de animar á escoita activa, o libro presenta a música tradicional galega como unha memoria viva: un patrimonio colectivo, forxado pola necesidade e a creatividade, sempre en diálogo co seu tempo e aberto á reinterpretación no futuro.
Colección
ÁLBUM ILUSTRADO--REFERENCIA E DIVULGACIÓN
Código
1399108
I.S.B.N.
978-84-1110-877-5
Publicación
15/10/2026
Clasificación IBIC
AVGH
Formato
Papel
Páxinas
168
Tamaño
24 x 19 cm
Colección
ÁLBUM ILUSTRADO--REFERENCIA E DIVULGACIÓN
Código
1378656
I.S.B.N.
978-84-1110-881-2
Publicación
15/10/2026
Clasificación IBIC
AVGH
Formato
ePub