Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

A flor da auga

Autor/a : Xosé Miranda, Antonio Reigosa
Ilustrador/a : Ramón Trigo

Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar. A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobr vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real..., e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.

  • Colección

    CAMALEÓN

  • Código

    1334027

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-428-6

  • Publicación

    06/04/2006

  • Clasificación IBIC

    YFJ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    176

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Xosé Miranda

FÓRA DE XOGO

Vestio

Vestio

FÓRA DE XOGO

As mans do medo

As mans do medo

Merliño

Federico na silveira

Federico na silveira

Sobre a colección CAMALEÓN