Logo Xerais

Ficha libro

O coche de carreiras

Helme Heine (Autor/a)
Helme Heine (Ilustrador/a)
María Reimóndez (Tradutor/a)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 6 anos en diante

2ª edición

Paquiño o galo, Xan o rato e Bartolo o gordecho sempre están dispostos a divertirse en Mulebap: montando en bicicleta, baixo unha fervenza ou descubrindo tesouros no vertedoiro. E aínda que un coche de carreiras é un tesouro fantástico, para estes tres amigos non hai nada mellor que estaren xuntos e compartiren os seus xogos e aventuras cun novo amigo."O coche de carreiras" recolle dúas novas das máis coñecidas historias escritas e debuxadas polo alemán Helme Heine, as tituladas "O coche de carreiras" e "A visita". Dúas divertidas historias dos habitantes da granxa Mulebap, unha granxa tan grande que nela hai lugar para todos; pero unha granxa, á vez, tan pequena que ata nos corazóns máis pequenos atopa lugar. Mulebap non lle pertence a ningúen igual que o sol e o aire non lle pertencen a ninguén. Mulebap pertence a calquera igual que o mundo nos pertence a todos.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (4 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.