A nena lectora
Manuel Rivas (Autor/a)
Susana Suniaga (Ilustrador/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela habÃa un grupo de mulleres. Presentoumas: "Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica. Ti farás que soñemos mentres traballamos." Agora ese Ãa ser o meu oficio. O de nena lectora.»Entre finais do século XIX e comezos do XX a cidade da Coruña foi faro do pensamento libertario en Galicia. Os ateneos e as bibliotecas de barrio eran a porta de acceso á cultura das clases populares, a solidariedade obreira floreceu. Nas fábricas de tabacos e de mistos as traballadoras organizáronse para mellorar as súas condicións de vida. A lectura dentro das fábricas é o sÃmbolo poderoso deste movemento de esperanza que se viu truncado a partir de 1936.«A nena lectora» é o segundo tÃtulo da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.