Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Polaroid

Autor/a : Suso De Toro

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unha impresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, converténdose nun libro polémico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlón, innovador, crítico, hilarante, provocador... O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». «Polaroid», que recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxoa. Hoxe é, sen dúbida, un clásico, un referente inevitable das nosas letras.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331814

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-842-5

  • Publicación

    15/04/2021

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    184

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378250

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-176-1

  • Publicación

    27/04/2017

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Suso De Toro

CAMALEÓN

O segredo de Joseph Haydn

O segredo de Joseph Haydn

FÓRA DE XOGO

A sombra cazadora

A sombra cazadora

ALTERNATIVAS

Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

Sobre a colección Narrativa