Logo Xerais

Ficha libro

O reino medieval de Galicia

Crónica dunha desmemoria

Xosé Miguel Andrade Cernadas (Autor/a)
Anselmo López Carreira (Autor/a)

OBRAS DE REFERENCIA>ENSAIO E-book

O vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a extenderse desde o Atlántico até as terras da actual Cantabria, e desde o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñecen boa parte das fontes históricas europeas e musulmáns. Pola contra, nas hispanas (asturianas, leonesas e casteláns) a súa existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido máis tarde pola maioría dos historiadores dos séculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristiáns para dar vida a un relato histórico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporáneo. Nese relato, o Reino medieval de Galicia ou non existia ou se supeditaba, como unha mera anécdota, á pretendida historia de España. Os autores deste libro explican as razóns do agocho e da desmemoria.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.