En las orillas del Sar
RosalÃa de Castro (Autor/a)
Anxo Angueira (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÃSICOS E-book
Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquà o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-polÃtico, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o rÃo da vida da autora e mailo rÃo da súa literatura. Agora que se apaga e que remata, RosalÃa edifica unha extraordinaria arquitectura lÃrica e formal para o acabamento, para as súas voces e os seus lÃmites, para as súas dúbidas e abismos. «En las orillas del Sar» é final e cume dunha escritora extraordinaria.Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaÃsta, ademais dos seus estudos sobre Méndez FerrÃn («A espiral no espello. "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (RosalÃa de Castro, Curros EnrÃquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crÃtica de «En las orillas del Sar» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.