FÃrgoas
Manuel LuÃs Acuña (Autor/a)
Carlos L. Bernárdez (Autor/a)
Ramón Nicolás RodrÃguez (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
O poeta Manuel LuÃs Acuña (1900-1975), un dos nosos escritores da xeración de vangarda máis inxustamente esquecido, foi autor dun único poemario que agora se presenta nesta edición actualizada que procura resituar a obra de Acuña no panorama poético de preguerra, rescatándoa do silencio a que foi sometida, para poñela á altura doutras voces máis coñecidas como Manuel Antonio, Armado Carballo, Ãlvaro Cunqueiro ou Bouza Brey.A súa poesÃa, que constitúe por dereito propio parte do máis salientable da actividade lÃrica da xeración á que pertenceu, caracterÃzase principalmente por un esencialismo conceptual de marcado ton vangardista e posúe méritos suficientes para que poida converterse nunha auténtica revelación para o lector de hoxe en dÃa que non coñeza a súa producción.