Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Contos de Grimm

Autor/a : Jacob Grimm, Wilhelm Grimm
Traductor/a : Xavier R. Baixeras

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada "Teoría do final feliz" e remata cun emotivo "Lembranzas dos irmáns Grimm", escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, "O lobo e os sete cabritos" e "Os músicos de Bremen". Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de "Nabiña" e "Os mensaxeiros da morte". Silvia Blanco de "O fiel Xoán" e "Os mensaxeiros da morte". Tino Gatagán de "Hänsel e Gretel" e "Brancaneves". Javier Zabala de "O pescador e a súa muller" e "A viaxe de Polgariño". Pablo Díaz de "O xastriño valente" e "Brancaneves e Rosavermella". Miguel Calatayud de "A Cincenta" e "O paxaro de ouro". Jesús Gabán de "Carapuchiña Vermella" e "A Bela Dormente". Federico Delicado de "Os seis cisnes" e "A raíña das abellas". Por último, María Jesús Santos de "Polgariño" e "A laverca cantareira e saltareira". Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.

  • Colección

    EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS

  • Código

    1334008

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-321-1

  • Publicación

    03/12/1998

  • Clasificación IBIC

    YFA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    240

  • Tamaño

    30.5 x 23.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Sobre a colección EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS