Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

A estrela dos polisóns

Autor/a : Luís Rei Núñez

Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia. "A estrela dos polisóns", a volta narrativa de Luís Rei Núñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331192

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-039-4

  • Publicación

    18/11/2003

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    264

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Luís Rei Núñez

Narrativa

Matarán a Reboiras

Matarán a Reboiras

CRÓNICA

Rafael Dieste

Rafael Dieste

Narrativa

O encargo do señor Castelao

O encargo do señor Castelao

Sobre a colección Narrativa