Follas novas
RosalÃa de Castro (Autor/a)
Anxo Angueira (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÃSICOS E-book
Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuÃño que esta obra supuxo, RosalÃa de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegorÃa nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que RosalÃa de Castro lideraba. Todo fai que "Follas novas" sexa considerada unha das grandes referencias da poesÃa galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaÃsta, ademais dos seus estudos sobre Méndez FerrÃn ("A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego"), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (RosalÃa de Castro, Curros EnrÃquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crÃtica de "Follas novas" ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación RosalÃa de Castro.