Logo Xerais

Ficha libro

Bieito Dubidoso

Roque Cameselle (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>CAMALEÓN

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • -
  • (4 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.