Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
Ramón Nicolás (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>BiografÃa
Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Ensaio), 2012 - Premio Losada Diéguez (Investigación e Ensaio), 2013
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografÃa monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de Longa noite de pedra. Esta biografÃa escrita por Ramón Nicolás, que viña transitando polos ecos e as pegadas do universo Celso Emilio Ferreiro desde hai anos, benefÃciase da consulta de milleiros de documentos escritos e testemuños orais, dándolle forma a un relato no que se percibe o alento de moitas das persoas que o coñeceron. Ademais, a biografÃa integra o máis salientable dun epistolario riquÃsimo, polo que non se detén unicamente na esculca da faceta persoal de Celso Emilio, senón que establece un diálogo da parte máis Ãntima da súa vida coa fecunda actividade literaria, cultural e polÃtica que o caracterizou. O asedio á personalidade e mais ao herdo que Celso Emilio Ferreiro deixou, desde os dÃas luminosos da infancia celanovesa ata os derradeiros momentos da súa vida en Vigo, constitúen o alicerce e sentido final desta voluminosa biografÃa, concibida, en palabras do seu autor, «coa vontade de sumar para que ese lume que alampea xamais o vexamos morto».