Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Abecedario das mantenzas

Autor/a : Fausto Galdo
Ilustrador/a : Evaristo Pereira

O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R. Barreiro Fernández, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamén da forma de adubalos e cociñalos sen excluír os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomía. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que só pretenden ser un receitario práctico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na súa condición de médico, infórmanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saúde das persoas. Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradición oral e na produción literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalía ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura áxil e recorrente.

  • Colección

    Libros con xeito

  • Código

    1399083

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-445-0

  • Publicación

    08/11/2012

  • Clasificación IBIC

    WBA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    320

  • Tamaño

    27 x 20 cm

Sobre a colección Libros con xeito