O que ven os ollos dos nenos
Antonio GarcÃa Teijeiro (Autor/a)
Fino Lorenzo (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>EDICIÓNS SINGULARES
"Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos", escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio GarcÃa Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección "A letra durminte", agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: "O muro está fermoso. O neno e maila nena sorrÃn, cóllense da man e comezan a canta-la canción da esperanza; senten asà que están vivos".O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico GarcÃa Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesÃa e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen lÃmites que venza o paso do tempo.