Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)

Autor/a : Red Temática de Investigación "LIJMI"

ESTE VOLUME RECOLLE UN CONXUNTO DE ESTUDOS DESTINADOS FUNDAMENTALMENTE AOS MEDIADORES, QUE PRETENDEN AFONDAR NO ÁLBUM ILUSTRADO. Os membros da "Red Temática de Investigación " Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010).

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

ESTE VOLUME RECOLLE UN CONXUNTO DE ESTUDOS DESTINADOS FUNDAMENTALMENTE AOS MEDIADORES, QUE PRETENDEN AFONDAR NO ÁLBUM ILUSTRADO. Os membros da "Red Temática de Investigación " Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI) reúnen neste volume unha serie de traballos baixo o título O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010). Tras dous artigos teóricos que afondan nas peculiaridades desta modalidade literaria que presenta unha especial interrelación entre texto e ilustración e estableceu un novo modo de comunicar, ler e interpretar, ofrécese unha selección de doce álbums inesquecíbeis, publicados antes da época de consolidación do álbum en todas as literaturas dos ámbitos da rede, así como unha selección de obras publicadas no período estudado, pertencentes ao marco ibérico, iberoamericano e doutros ámbitos lingüísticos, co obxectivo de dar a coñecer obras que destacan pola súa calidade. O volume complétase con trinta comentarios pormenorizados, co fin de facilitarlles aos profesionais da mediación algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria, e mais cunha bibliografía descrita que reúne achegas de interese ao álbum.

  • Colección

    MATERIAL EDUCATIVO

  • Código

    1341018

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-295-1

  • Publicación

    29/08/2011

  • Clasificación IBIC

    DSY

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    440

  • Tamaño

    24 x 17 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Red Temática de Investigación "LIJMI"

Xerais Universitaria

Nenas transgresoras na LIX

Nenas transgresoras na LIX

MATERIAL EDUCATIVO

Cómic e Literatura

Cómic e Literatura

MATERIAL EDUCATIVO

A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana

A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana

Sobre a colección MATERIAL EDUCATIVO