Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

George Steiner en The New Yorker

Autor/a : George Steiner
Traductor/a : Lara do Ar

Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar «o público xeral», libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar «o público xeral», libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais. De entre todos eles, Steiner reuniu neste volume medio cento deles, unha auténtica colección de alfaias, que abordan boa parte dos principais problemas do ameazado futuro da cultura contemporánea. Artigos sorprendentes pola súa sinxeleza vivida e pola súa poderosa capacidade pedagóxica. Ensaios literarios caracterizados polo rigor e a sabedoría e comprometidos coa seriedade, mais tamén atravesados pola ironía e o humor, ferramentas coas que Steiner analiza con xenerosidade as obras de autores como Walter Benjamin, Lévi-Strauss, Cioran, Canetti, Beckett, Borges, Bertrand Russel, Brecht, Canetti, Celine, Kafka ou Chomsky. Neste libro Steiner ofrece, ademais, unha guía de lecturas que comeza coa literatura do Gulag e remata coa historia do xadrez. Todo un século literario desfila por estas páxinas deslumbrantes de intuicións e saber, xa que como sinala Robert Boyes no prólogo, George Steiner considera que a principal misión do escritor é educar e conmover, esforzándose sempre por distinguir o mellor do óptimo, nun «permanente encontro co novo e o difícil».

  • Colección

    Ensaio

  • Código

    1383023

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-087-2

  • Publicación

    11/03/2010

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    408

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección Ensaio