Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Monte Louro

Autor/a : Luís Rei Núñez

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. Monte Louro, o máis poderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria como resumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xa nunca. Tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairá triunfante o Mal. Terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida... Todo isto e moito máis contánolo Rei Núñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clásico das letras galegas.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331280

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-557-3

  • Publicación

    01/06/2009

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    688

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378245

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-164-8

  • Publicación

    13/12/2016

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Luís Rei Núñez

Narrativa

Matarán a Reboiras

Matarán a Reboiras

CRÓNICA

Rafael Dieste

Rafael Dieste

Narrativa

O encargo do señor Castelao

O encargo do señor Castelao

Sobre a colección Narrativa