Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d' Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen.
Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d' Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza...) vanse abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.
Colección
Narrativa
Código
1331257
I.S.B.N.
978-84-9782-849-9
Publicación
25/06/2008
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
208
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
Xurxo Sierra Veloso
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) Funcionario da Universidade de Salamanca, reside en Zamora dende 1999. Publicou as novelas ''Os ollos do rei de copas'' (1994), ''Licor de abelá con xeo'' (2006, finalista Premio Lueiro Rey), ''Os mércores de Fra'' (2006, Premio Risco), ''Os nomes do traidor'' (2008) e ''Os fíos'' (2010, Premio Repsol).
Dende 2005 mantén na rede o blog Rei de Copas (http://reidecopas.blogspot.com).