Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Amor dos quince anos, Marilyn

Autor/a : Agustín Fernández Paz

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vinte cinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de ''Amor dos quince anos, Marilyn''. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. ''Amor dos quince anos, Marilyn'', publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección Fóra de Xogo, obtivo un unánime recoñecemento da crítica: ''Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño olen a celuloide'' (O Correo Galego). ''Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario" (Xián Xaneiro, CLIJ)'' "A conclusión engaiolante que un tira lendo ''Amor dos quince anos, Marilyn'' é que o autor sabe que a 'fábrica dos soños' do ser humano non vai morrer xamais" (Xoán Acuña, Atlántico diario).

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365051

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-608-3

  • Publicación

    01/03/2001

  • Clasificación IBIC

    YFM

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    160

  • Tamaño

    21 x 13 cm

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1377166

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-100-6

  • Publicación

    19/10/2016

  • Clasificación IBIC

    YFM

  • Formato

    ePub

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Agustín Fernández Paz

De 9 anos en diante

A praia da esperanza

A praia da esperanza

De 7 anos en diante

A cidade dos desexos

A cidade dos desexos

FÓRA DE XOGO

Cartas de inverno

Cartas de inverno

Sobre a colección FÓRA DE XOGO