Estanislao, prÃncipe de Sofrovia
Manuel Lourenzo González (Autor/a)
Santy Gutiérrez (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante
4ª Edición
O dÃa do nacemento do prÃncipe Estanislao serÃa lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabarÃa sendo o rei Tanis I, o Mocos. Estanislao era longueirón, cabezolo e narigudo, pero tiña un sorriso que encadeaba a todo o mundo. Educado por un equipo de pedagogos do palacio real, vivÃa rodeado de luxos. Os seus desexos cumprÃanse ó instante, xa fora calquera ocorrencia para xogar ou calquera antollo para alomorzar ou cear. Os seus amigos alcumábano "o Mocos", xa que sempre que lle proÃa o nariz metÃa o dedo en busca de mozos cos que facÃa boliñas que empregaba nos seus xogos.