Joseba e David, o fillo do acordeonista, dous amigos, case dous irmáns, reencóntranse en California e rememoran os seus días de infancia en 1957 na escola do seu territorio natal de Obaba, retratado dende os tempos da República e da Guerra Civil aos da posguerra e remate do franquismo.
Joseba e David, o fillo do acordeonista, dous amigos, case dous irmáns, reencóntranse en California e rememoran os seus días de infancia en 1957 na escola do seu territorio natal de Obaba, retratado dende os tempos da República e da Guerra Civil aos da posguerra e remate do franquismo. Dúas historias case paralelas rescatadas dos infernos da guerra e da violencia, que serven para abordar de forma valente os temas clásicos e eternos da mellor literatura: o amor, a memoria, a lingua, a amizade e tamén a tristeza do emigrante que deixa a súa terra sabendo que nunca volverá. Unha obra na que amor, a amizade e o consolo nos redimen. Unha novela de longo alento, de lectura e beleza cativadora, considerada pola crítica como o maior logro narrativo do seu autor e como a primeira grande novela escrita en éuscaro.
Colección
Narrativa
Código
1331212
I.S.B.N.
978-84-9782-250-3
Publicación
10/12/2004
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
552
Tamaño
22.1 x 14.6 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
Bernardo Atxaga
Bernardo Atxaga (Asteasu, Gipuzkoa, 1951) licenciouse en Ciencias Económicas e desempenou diversos oficios ata que na década de 1980 consagrou o seu quefacer á literatura escrita orixinalmente en éuscaro. Como narrador ten publicado, entre outras obras: "Bi letter jaso nituen oso denbora gutxian" (1984) ("Dúas letters", 1992), relato; "Bi anai" (1985) ("Dous irmáns"), novela curta; "Obabakoak" (1989), novela, Premio Euskadi, Premio da Crítica, Prix Millepages e Premio Nacional de Narrativa; "Behi euskaldun baten memoriak" (1991) ("Memorias dunha vaca", 1999); "Gizona bere bakardadean" (1993) ("O home só"); "Zeru oriek" (1995) ("Eses ceos"); "Sara izeneko gisona" (1996) ("Unha espía chamado Sara", 1998) e "Soinujolearen semea" (2003) ("O fillo do acordeonista", Xerais 2004), novela, premio da crítica 2003. Como poeta publicou "Etiopía" (1978), "Henry Bengoa, inventarium" (1988), "XX. Mendeko poesia kaeirek" (2000), antoloxía.