Número de libros encontrados: 102
O home invisible
Xenaro é un home tímido e solitario que pasa desapercibido vaia por onde vaia. Un día, atopa a Greta, unha cadeliña abandonada, e decide levala para a casa...
Palabras de Caramelo (Galego)
Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou...
Ás de mosca para Anxo
¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e...
A casa da luz
Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella...
No corazón do bosque
Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso...
O Pazo Baleiro
A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas...