Número de libros encontrados: 360
Unha rapaza de provincias
1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque...
O cervo e a sombra
Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda...
Trávelin
Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche...
Deixádenos remar
A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos...
Os comedores de patacas
Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia...
Medos
Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos...
A Barcelonesa
En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos...
A carteira
Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures»...
Sibila
É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo...
Polaroid
A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado...
Coidadora
A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras...
O peso do cerebro
En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras...
Nus
Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo...
A afogada
Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos...
O retorno dos homes mariños
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras...