Número de libros encontrados: 372
A galera de Xelmírez
Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan...
A música dos seres vivos
Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma...
Cabalos e lobos
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación...
Hai que matalos a todos
Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación...
Son noxento
Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais»...
Funambulistas
Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento...
Cuarto minguante
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre...
Somnámbulos
"Somnámbulos" reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado...
A vinganza do defunto
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo -cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde...
Dende o conflito
Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes...
Zapatillas rotas
O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados...
Os televisores estrábicos
Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade; coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín; que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios; que as noticias son as que son porque os xornalistas beben coca-cola light; ou que os caramelos de café con leite poden ser ben amargos...
55
Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta...
Chovida do ceo
Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa...