Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 1407

A sombra descalza

An Alfaya

Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil...

A terra cantada

Camilo Nogueira

Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos...

O libro da empanada

Fina Casalderrey

A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo...

Repostería en Galicia

Fina Casalderrey

¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía...

O cidadán do mes

Diego Ameixeiras

O punto de partida d' O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente...

O paxaro do mel

Adolfo Caamaño

Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos...

Contra Maquieiro

X. L. Méndez Ferrín

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso...

¡Que medo, mamá Raquel!

Agustín Fernández Paz

Sara e Fran quedan sós na casa, mentres agardan que chegue mamá Raquel, a súa avoa. Fóra chove e o vento bufa coma un tolo. De repente marcha a luz e a escuridade ocupa a casa enteira...

Autor/a da semana

Conversas con Suso de Toro

Antonio Pedrós-Gascón

Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega...

Couto Mixto

Luís Manuel García Mañá

Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición...

Fantasmas no corredor

Agustín Fernández Paz

A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor...

Quen me quere adoptar?

Fina Casalderrey

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera...

Eu conto, ti cantas...

María Victoria Moreno

Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?"...

O lago das garzas azuis

Alfonso Pexegueiro

O lago das garzas azuis de Alfonso Pexegueiro é un Conto-Poema que ten como protagonista o mundo infantil. As garzas azuis viven nun lago que hai debaixo das areas do deserto de Nabalpam...

O heroe

Manuel Rivas

Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona...

Herba moura

Teresa Moure

"Herba Moura" de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil -nunha perspectiva inédita do filósofo- e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam...