Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 12

Nogard

Marilar Aleixandre

«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará...

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Marilar Aleixandre

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018...

Catro cascarolos

Marilar Aleixandre

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro...

Ovella descarreirada

Marilar Aleixandre

Este libro contén trinta e tres poemas sobre unha ovella descarreirada, un polbo no garaxe, abellas bailando sen descanso a louca danza da ledicia ou fanecas bravas que ollan en fite a balea azul...

O coitelo en novembro

Marilar Aleixandre

¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados...

A Cabeza de Medusa

Marilar Aleixandre

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite...

A formiga coxa

Marilar Aleixandre

Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura...

A expedición do Pacífico

Marilar Aleixandre

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico...

Autor/a da semana

Desmentindo a primavera

Marilar Aleixandre

Desmentindo a primavera pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo prendido ininterrompidamente desde mediados do século XV ata finais do XX, en que os libros turran polos fillos para fóra da casa e do lugariño...

O trasno de Alqueidón

Marilar Aleixandre

Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles...

Teoría do caos

Marilar Aleixandre

Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos...

A banda sen futuro

Marilar Aleixandre

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda...