Número de libros encontrados: 28
A revolución dos vagalumes
Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha maquinaria de facer desesperar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada...
O lapis do carpinteiro
«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos...
Tras do Ceo
Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías...
Un millón de vacas
Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos...
A nena lectora
«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: ''Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica...
Os comedores de patacas
Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia...
Zona a Defender
«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender...
Vivir sen permiso e outras historias de Oeste
Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción...
Contra todo isto
Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz»...
Bala Perdida
Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas...
O último día de Terranova
A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente...
Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes...
A boca da terra
A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños...
O raposo e a mestra
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna...