Número de libros encontrados: 15
Oficio nocturno
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos...
O derradeiro gimlet
Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe...
Un anarquista
Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez...
Os Suicidantes
Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans...
O cervo e a sombra
Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda...
A crueldade de abril
Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal...
A noite enriba
Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses...
Todo OK
Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere...
Historias de Oregón
Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladores atopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde onde fora tirada ao río tras ser apuñalada...
Asasinato no Consello Nacional
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión...
Dime algo sucio
A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta...
Tres segundos de memoria
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado...
O cidadán do mes
O punto de partida d' O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente...