Número de libros encontrados: 1358
Buscaletras
Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar...
A zapateira mecánica
A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira...
O dragón anoado
Antón Seixas era un mozo galego que tivo que emigar cara a Cuba cando estoupa a Guerra Civil española. Na Habana traballa no ultramarinos do seu tío Manolo e, por casualidade, descobre que un mafioso chinés planea un gran roubo...
O Pazo das Marismas
Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos...
As malas ideas
Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga...
Mariña e o balón. O primeiro gol
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas...
Mañá, cando sexamos luns
Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma...
Curriño. Salchichas picantes
A vida no parque é xenial... ata que alguén decide deixar trampas para cans. Gordon come unha salchicha envelenada e Curriño e a súa cuadrilla póñense a investigar para descubrir quen está detrás do terrible acto, mentres adoptan un gato que quere ser can...
Principio de superposición
Sofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno...
Tempo de correspondencia
Xurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra...
Alguén ao lado
Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa»...
Dipnoi
Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente...
Marcopola 5. Terra a dentro
Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el...
Begoña ou o pracer da amizade
Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 2026, foi unha muller excepcional que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade...