Cobo, Lucía
(enviar correo)Lucía Cobo (Lugo, 1982), filla de libreiro e mestra, creceu amando os libros. Aínda que estudou unha enxeñaría, sempre soubo que a súa paixón eran as artes plásticas e o deseño. Despois de traballar varios anos como deseñadora gráfica, titulouse como Técnico Superior en Ilustración na Escola Picasso da Coruña. No ano 2013 cursou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado impartido pola Escola I con I de Madrid. Colabora en revistas e webs e publica en varias editoriais. En 2014 obtivo unha mención de honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración de México. Algúns dos seus libros ilustrados son os seguintes: «Caer de cu polo universo» (2015), «Osa» (2015), «Un gato en las nubes» (2015), «O soño do Merlo Branco» (Xerais 2016), «Bruxa e familia» (2017), «Muriel» (Xerais 2017) e «A furgoneta branca» (Xerais 2019).